nube
(< lat nube)
-
s
f
-
[METEOR]
Agregado de diminutas gotas de auga ou de partículas de xeo que están suspendidas no aire. Cando o aire atmosférico cargado de vapor de auga se arrefría ata acadar o denominado punto de rosada, fórmanse a miúdo os núcleos de condensación, que son as gotas de auga que constitúen a nube. O arrefriamento que provoca a formación de nubes está asociado case sempre aos movementos ascendentes do aire. A masa de aire cargada de vapor sobe as capas atmosféricas superiores, onde a presión é menor, o que provoca a expansión da masa e o conseguinte arrefriamento (precipitación). A cor das nubes depende das partículas que as compoñen. As nubes pódense clasificar segundo o seu aspecto exterior, en xéneros, cada un deles designado por un nome latino e unha abreviatura, como é o caso de cirrus (Ci). Cada un destes xéneros pódese presentar en diferentes especies, que se distinguen polas particularidades da súa estrutura; segundo a súa transparencia en variedades; segundo a súa altura, en diferentes familias e segundo a súa orixe en nubes de convección, nubes de advección e nubes de fronte. Na meteoroloxía interesa coñecer non só a forma e a altura das nubes, senón tamén a velocidade e a dirección, mediante o nefoscopio, como tamén a cantidade (nubosidade).
Sinónimos: nubre. -
Masa compacta de fume, gas, po ou partículas semellantes en forma de nube.
-
[METEOR]
-
s
f
Conxunto numeroso de persoas, animais ou cousas.
Ex: Comezou a chegar unha nube de xente e aí foi onde nos perdemos.
Sinónimos: multitude, nubre. -
s
f
Mancha abrancazada que se forma no ollo ou na capa exterior da córnea.
Sinónimos: nubre. -
s
f
Aquilo que escurece ou enturba a visión ou que altera a serenidade e a capacidade de concentración dunha persoa.
Ex: Quedou sumido nunha nube de pensamentos.
Sinónimos: nubre. -
nube ardente
[XEOL]
Gran bóla incandescente de gas, po e vapor de auga, que é expulsada na erupción dun volcán, e que rola pola ladeira do volcán a velocidades superiores aos 150 km/h.
-
nube artificial
[AGR]
Fumareda espesa que se obtén, ou ben queimando materiais vexetais mollados con combustibles líquidos pesados, ou ben por expansión de gases fumíxenos, e que protexe as plantas das xeadas, especialmente primaverais.
-
nube electrónica
[FÍS]
-
Conxunto de electróns dun átomo, que xiran arredor do núcleo seguindo órbitas distintas.
-
Conxunto de electróns que, nun tubo electrónico, ocupan unha zona do espazo entre os electrodos arredor do cátodo incandescente, provocando así a aparición dunha carga espacial.
-
-
nube interestelar
[ASTRON]
Concentración densa de gas e po interestelar.
-
nube radiactiva
[FÍS]
Nube de partículas radioactivas que se forma trala explosión dunha bomba nuclear ou dun accidente nunha central nuclear.
Frases feitas
-
Andar/estar nas nubes. Estar distraído, sumido en pensamentos.
-
Poñer polas nubes. Gabar esaxeradamente a alguén.
-
Poñerse polas nubes. Subir moito o seu prezo algunha cousa.
-
Andar/estar polas nubes. Ser algo moi caro.
Refráns
- Cando a serra se envolve na capa, non deixe-Ia túa casa.
- Ceo apedrado, agro mollado.
- Ceo de panza de burra, auga segura.
- Ceo escamento, ou chuvia ou vento.
- Ceo escamudo, vendaval duro.
- Ceo lastrado, piso mollado.
- Ceo ovellado, aos tres días mollado.
- Corren as nubes para Ourense: sol que nos quente.
- Día nubrado engana o ano.
- Sol en nubes engarrado ten a chuvia ao seu lado.
- Vale máis nubrado de agosto que sol de setembro.