1 n
-
s
m
[ESCR]
Décimo segunda letra do alfabeto galego, denominada ene.
-
s
m
[FILOL/LING]
Grafía que representa o fonema consonántico nasal alveolar sonoro /n/. Pode darse en sílaba inicial medial e final. En posición inicial pódese dar o grupo /mn/ (mnemorizar) e /gn/ (gnomo) en palabras cultas, que, normalmente na pronuncia, perden o primeiro elemento e realízase como [n]. A realización máis xeral deste fonema é velar [ŋ]: ante consoante velar (e[ŋ]galar), ante /h/ (e[ŋ]gordar), ante nasal bilabial (i[n j ]miscir) ou en posición final de palabra, de regra cando segue unha vogal, que non sexa /a/, /o/ de artigo ou pronome persoal átono, e en posición final absoluta (camió[ŋ]). Cando segue artigo ou pronome persoal o(s), a(s) pronúnciase [n] porque a consoante pertence morfoloxicamente tanto ao artigo ou pronome coma á palabra anterior. Ademais de formar un mesmo grupo fónico debe darse que a palabra anterior sexa un verbo ou as palabras sen, tamén, nin, non, ben, tamén, nin, quen, alguén e ninguén (comen o pan [kɔmënopaŋ]). A nasal implosiva [ŋ] ten varias realizacións. Ante pausa, ante vogal, ante consoante velar e ante consoante alveolar, sempre se pronuncia [ŋ] (foro[ŋ] alí, xu[ŋ]co, e[ŋ]roscar, pe[ŋ]sión). Ante as outras consoantes admite a pronuncia velar ou unha pronuncia asimilada ao punto de articualción da consoante seguinte: labiodental (e[m]fermo), palatalizado (u[n j ]llar, no[n j ] chove), dentalizado (a[n9]tes), etc. En posición implosiva represéntase graficamente por <n>, agás ante /b/ e /p/ en interior de palabra que se representa por <m>. Nalgúns casos, por razóns etimolóxicas a secuencia /ŋn/ vén representada por <mn> (amnesia). Diacronicamente a grafía <n> procede de: N, en posición inicial (lat NAPU > nabo) e da simplificación da xeminada -NN- (ANNU > ano). A nasal latina simple intervocálica -N- desaparece en palabras patrimoniais (NÕMĬNĀRE > nomear), aínda que hai casos en que se deu unha reposición da consoante nasal implosiva (CĬNĪSĬA > cëiza > cĩiza > cĩza > cinza).