nabí

nabí

(< ár nabī)

  1. s m [RELIX]

    Profeta influído pola inspiración extática.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos nabís.

    2. s [ARTE]

      Membro dun grupo artístico do mesmo nome formado en París por P. Sérusier, M. Denis, P. Bonnard, É. Vuillard, K. Roussel, P. Ranson, F. Valloton, H. Ibels, R. Piot, Verkade, R. Ronaï e os escultores Lacombe e A. Maillol. Baixo o maxisterio de O. Redon e tomando como insignia a Gauguin e Cézanne, uníronse na busca dunha arte nova a partir da destes dous pintores, que aínda non eran comprendidos. Os seus principios concretos foron o sincretismo e o cloisonnisme da escola de Pont-Aven, o contido literario de orixe simbolista, o aspecto refinado e mundano e o carácter decorativo paralelo ao da Art Nouveau. En 1899 realizouse a última exposición colectiva do grupo, que facilitou o camiño a fauvistas e cubistas, sobre todo con M. Denis, que defendeu a identidade da pintura por si mesma, non por aquilo que representa.

Palabras veciñas

nabeira | Naberežnyje Čelny | Nabeul | nabí | nabía | nabicol | nábido -da