nacer

nacer

(

  1. v i
    1. [BIOL]

      Saír, un feto viable, do claustro materno.

      Ex: Nacín o dezaseis de xaneiro.

    2. [ZOOL]

      Saír do ovo un animal ovíparo.

  2. v i
    1. Comezar a saír ou a manifestarse algo.

      Ex: Naceu un novo xornal. O día que os presentei naceu o amor entre eles. Naceu dentro de min unha sospeita.

    2. [BOT]

      Saír unha planta da semente ou da terra.

      Sinónimos: brotar.
    3. [BOT]

      Saír un brote ou unha flor nunha planta.

      Sinónimos: brotar.
    4. [ZOOL]

      Saír pelos ou plumas no corpo dun animal.

      Ex: Aos poliños novos aínda non lles naceron moitas plumas.

    5. [XEOL]

      Saír unha fonte ou unha corrente de auga dun lugar.

      Ex: Entre as rochas nacía auga.

      Sinónimos: brotar.
    6. [ASTRON]

      Aparecer un astro no horizonte.

      Ex: O Sol nace polo leste.

  3. v i

    Provir de certa familia, liñaxe ou clase de persoas.

  4. v i

    Resultar ou proceder unha cousa doutra. OBS: Adoita ir precedido da preposición de.

    Ex: Todos estes problemas nacen da súa soidade.

  5. v i

    Ter unha disposición innata ou estar destinado a algo por condición natural. OBS: Adoita ir precedido da preposición para.

    Ex: Naceu para poeta.

Frases feitas

  • Nacer de pé. Ter sorte.

  • Nacer en mala hora. Non ter fortuna.

  • Nacer o día. Amencer.

  • Non nacer onte. Non ser parvo ou inxenuo.

  • Volver a nacer. Salvarse dun perigo.

Palabras veciñas

nacemento | nacente | nacenza | nacer | Nache, María Luísa | nacho -cha | Nachortas
Conxugar
VERBO nacer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nazo
naces
nace
nacemos
nacedes
nacen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacía
nacías
nacía
naciamos
naciades
nacían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacín
naciches
naceu
nacemos
nacestes
naceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacera
naceras
nacera
naceramos
nacerades
naceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacerei
nacerás
nacerá
naceremos
naceredes
nacerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacería
nacerías
nacería
naceriamos
naceriades
nacerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
naza
nazas
naza
nazamos
nazades
nazan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacese
naceses
nacese
nacesemos
nacesedes
nacesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacer
naceres
nacer
nacermos
nacerdes
naceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
nace
-
-
nacede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nacer
naceres
nacer
nacermos
nacerdes
naceren
Xerundio nacendo
Participio nacido/nado
nacida/nada
nacidos/nados
nacidas/nadas