NAD
NAD
Nome científico:
[dinucleótido adenina-nicotinamida: C<sub> 21</sub> H<sub> 27</sub> N<sub> 7</sub> O<sub> 14</sub> P<sub> 2</sub> , forma oxidada: NAD<sup> +</sup> , forma reducida: NADH]
[BIOQ]
Coenzima de apocimase, que é necesario na fermentación alcohólica da glicosa. Está constituída por unha unidade de nicotinamida, unha de adenina, dúas de β-D-ribosa e dúas de ácido fosfórico. Sintetízase a partir do ácido nicotínico libre e actúa en reaccións de transferencia de hidróxenos e de oxidación-redución enzimática. Presente, xunto co NADP, en todos os tipos celulares, o NAD non é o máis abundante. Cando o NAD+ (transportador de electróns ricos en enerxía) se esterifica en posición 3’ para a acción do ATP, resulta o 3’-fosfato do dinucleótido adenosina-nicotinamida. A forma oxidada redúcese a NADPH mediante a auga en presenza de cloroplastos e de luz (fotosíntese). OBS: Tamén se denomina nicotinamida-adenina-dinucleótido.