nadal
(< lat natāle)
-
s
m
[RELIX]
Solemnidade do ano litúrxico que a Igrexa celebra o 25 de decembro para conmemorar o nacemento de Xesús en Belén. O Nadal é unha festa occidental e apareceu por primeira vez en Roma, na primeira metade do s IV. O equivalente en Oriente é a solemnidade da Epifanía, máis antiga, e relacionada tamén coas festas do solsticio de inverno. O sentido profundo destas dúas festividades é o de celebrar a manifestación de Deus na humanidade de Xesús. Cando Occidente adoptou tamén a festa do 6 de xaneiro, transferiuse o aspecto da manifestación de Xesús aos Magos a través da estrela, e deixou para o 25 de decembro a conmemoración do nacemento de Xesús coa adoración dos pastores. A tradición romana máis antiga, conservada pola reforma do Concilio Vaticano II, comporta a celebración de tres misas de Nadal, unha pola media noite, outra pola aurora e a terceira polo día. A partir da Idade Media en todo o mundo occidental subliñáronse os aspectos máis sentimentais do nacemento de Xesús, e a festa do Nadal envolveuse de manifestacións populares e familiares.
-
s
m
Época en que se conmemora o nacemento de Xesús Cristo.
Ex: Visitareivos en Nadal.
-
s
m
Mes de decembro.
Ex: Pensa marchar a pincipios de Nadal. OBS: Escríbese en maiúscula.