nadar

nadar

(< lat natāre)

  1. v i
    1. Sosterse e avanzar unha persoa ou un animal na auga mediante movementos do corpo.

      Ex: Nadou na piscina todo canto quixo.

    2. Manterse flotando nun líquido.

      Ex: Os troncos nadaban polo río abaixo.

  2. v i

    Estar mollado ou metido nunha gran cantidade de líquido.

    Ex: Nadaba en suor. As patacas nadaban no aceite.

  3. v i

    Ter alguén grande abundancia de algo. OBS: Emprégase coa preposición en.

    Ex: Nadaban en riquezas.

  4. v i

    Estar moi folgado algo dentro dunha cousa.

    Ex: Adelgacei dous quilos e nado na roupa. 

Frases feitas

  • A nado. Nadando.

  • Nadar entre dúas augas. Non decidirse por algo.

Refráns

  • Nadar e nadar e morrer na beiramar.
  • O mellor nadar é saber gardaIa roupa.

Palabras veciñas

Nadal, Premio | nadamento | nadante | nadar | Nadar | nádega | nadegada
Conxugar
VERBO nadar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nado
nadas
nada
nadamos
nadades
nadan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadaba
nadabas
nadaba
nadabamos
nadabades
nadaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadei
nadaches
nadou
nadamos
nadastes
nadaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadara
nadaras
nadara
nadaramos
nadarades
nadaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadarei
nadarás
nadará
nadaremos
nadaredes
nadarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadaría
nadarías
nadaría
nadariamos
nadariades
nadarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nade
nades
nade
nademos
nadedes
naden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadase
nadases
nadase
nadasemos
nadasedes
nadasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadar
nadares
nadar
nadarmos
nadardes
nadaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
nada
-
-
nadade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
nadar
nadares
nadar
nadarmos
nadardes
nadaren
Xerundio nadando
Participio nadado
nadada
nadados
nadadas