naftaleno
naftaleno
(
s
m
[QUÍM]
Hidrocarburo aromático que está formado por dous aneis bencénicos unidos. Foi illado do alcatrán en 1856 e a súa fórmula (I) foi postulada por Erlenmeyer (1866). A fórmula (II) do naftaleno preséntase abreviada, como no caso do benceno. As posicións 1, 4, 5 e 8 e 2, 3, 6 e 7 son equivalentes. As primeiras denomínanse pola letra α e as segundas pola letra β. Na interpretación electrónica considérase que a estrutura do naftaleno é un híbrido de resonancia entre distintas estruturas electrómeras. A máis estable e unha das máis importantes é a (II).