naif

naif

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á arte naif.

  2. arte naif [ART]

    Corrente artística que concibía a pintura como unha obra de técnica minuciosa, con refinamento natural e con simplicidade e imaxinación, que responde a unha arte instintiva, antinaturalista e espontánea, sen perspectivas, e que usaba ao mesmo tempo a representación do soño e da realidade dos personaxes representados. Apareceu en Francia a finais do s XIX, e xurdiu cunha obra de Henri Rousseau. Foi valorada especialmente polos poetas G. Apollinaire, M. Jacob e A. Jarry, e admirada polos pintores P. Gauguin, H. Matisse, P. Picasso e G. Braque, cando o movemento impresionista xa acabara e estes artistas buscaban unha nova forma de expresión. Esta arte ten moitos puntos de contacto coa arte popular e primitiva. OBS: Tamén se denomina inxenuísmo.

Palabras veciñas

naiadáceo -a | naiadal | náiade | naif | Naihāti | nailon | Naïm