Nais
Nais
[ANIMAL]
Xénero de oligoquetos, da familia dos naídidos, que se caracterizan por presentar o blastóporo ciliado, quetas e o corpo segmentado, onde os segmentos xenitais son o quinto, onde se atopa a espermateca, e o sexto. Son case microscópicos, e habitan en medio da vexetación acuática dos estanques.