Nandinia

Nandinia
[ANIMAL]

Xénero de mamíferos carnívoros da familia dos vivérridos. A este xénero pertence a especie N. binotata, de ata 1,10 m de lonxitude, incluída a cola, que é case tan longa como a cabeza e corpo xuntos, e máis escura que o resto do corpo. Ten unha coloración variable, entre grisácea e marrón, e a miúdo posúe dúas manchas cremosas entre os ombreiros. Teñen patas e orellas curtas, estas últimas redondeadas. Habita en África, desde Guiné-Bissau ata o S de Sudán e desde o S ao N de Angola e L de Zimbabwe.

Palabras veciñas

Nande | Nạnded | nandi | Nandinia | nandrolona | Nandur | nanekismo