Nanna
Nanna
[MIT]
Divindade xermánica, filla de Nep, esposa de Balder e nai de Forsete. Vivía en Asgard e amaba tanto ao seu esposo que morreu ao saber da súa morte. O seu corpo foi colocado na pira xunto ao do seu marido.