Naranco, Santa María del
Naranco, Santa María del
Construción situada nas aforas de Oviedo. Datada no s IX, orixinariamente foi unha das dependencias da aula rexia de Ramiro I de Asturias. Ten forma rectangular cunha soa nave, con contrafortes no exterior, dous pisos e un corpo central coa volta de canón, e está reforzada con arcos faixóns. O piso superior remata en dous miradoiros. Obra clave da arte asturiana, destaca polas súas influencias visigóticas, carolinxias e orientais. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) ; en 1885 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985 xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias.