nariz
(< lat v *narīcae)
-
Que ou quen ten o nariz grande.
-
s
m
[ZOOL]
Órgano do olfacto dos vertebrados, de conformación moi diversa, que consta basicamente de dúas bolsas -ou unha, no caso dos ciclóstomos- situadas na parte anterior da cabeza e abertas ao exterior por un número de orificios que oscila entre os dous pares por bolsa (nos peixes) e un orificio por bolsa (no resto de vertebrados). Nas persoas ten a forma dunha pirámide triangular de vértice superior e base inferior, con dous buracos. Formada polas cartilaxes, músculos e pel, está tapizada interiormente por unha porción da mucosa pituitaria.
Confrontacións: fociño. -
s
m
Elemento agudo de certas cousas con forma semellante ou que recorda o nariz humano.
Ex: O avión tiña o nariz agudo e as ás longas.
-
s
m
Sentido do olfacto.
Ex: Ten moi bo nariz para os perfumes.
-
s
m
Persoa experta na clasificación e identificación de perfumes por medio do olfacto.
-
s
m
[CONSTR]
Peza metálica onde encaixa a aldraba.
Frases feitas
-
Dar no nariz. Sospeitar algo. Ex: Dáme no nariz que non vai vir.
-
Meter o nariz. Entremeterse alguén nun asunto. Ex: Non metas o nariz no que non che importa.
-
Torcer o nariz. Non agradar algo. Ex: Cando viu o que había de comer torceu o nariz.
Refráns
- Home narigudo poucas veces cornudo.