NASDAQ
NASDAQ
Mercado de valores de EE UU que iniciou as súas operacións en 1971. Divídese á súa vez en dous mercados: o Nasdaq National Market, onde as empresas deben cumprir uns requisitos financeiros moi esixentes para ser admitidas na cotización; e o Nasdaq SmallCap Market, onde o nivel de capitalización é máis reducido e os criterios financeiros para poder cotizar non son tan rigorosos como para o Nasdaq National Market. As negociacións realízanse a través dunha rede de corredores ou intermediarios que se denominan Market Makers e que efectúan as transaccións a través de ordenadores. É o segundo mercado en importacia e tamaño do mundo e está composto, na súa maioría, por empresas do sector tecnolóxico.