National Aeronautics and Space Administration
Organismo de EE UU que se encarga de coordinar, dirixir e impulsar os programas civís de investigación aeroespacial e responsable da administración dos fondos que lle son destinados. A NASA foi legalmente creada en 1958, co impulso da American Rocket Society e da National Academy of Sciences, e ten a súa sede en Washington. As investigacións céntranse no voo espacial tripulado (lanzadeira espacial, estacións espaciais), na ciencia espacial (física e astronomía, exploración planetaria e lunar, foguetes lanzadores), nas aplicacións espaciais (meteoroloxía, física do Sol e dos océanos, telecomunicacións), na tecnoloxía aeronaútica, espacial e nuclear, e outras. Como traballos notables destacan o programa Apolo e os programas EOS e da Estación Espacial Internacional.