Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei

Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei
Nome científico: [NSDAP]

ou Partido Nazi Partido político fundado en 1920 a partir do Deutsche Arbeiterpartei (DAP). Tiña unha estrutura xerárquica e unha base paramilitar. A súa liña ideolóxica baseábase nos discursos de Adolf Hitler e na súa obra Mein Kampf, aínda que o seu fundamento non tivo unha excesiva elaboración teórica, xa que Hitler se apropiou das ideas fascistas segundo as que o estado debía ser totalitario para preservar a súa unidade e cohesión. Isto foi compaxinado coa crenza da superioridade da raza aria sobre o resto das etnias. Sentou as bases do nacionalsocialismo e gañou as eleccións en 1932. O NSDAP foi disolto e prohibido en 1945.

Palabras veciñas

National Union of Women Suffrage | National Westminster Bank PLC | Nationalrat | Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei | natividade | Natividade | nativismo