Natorre, pazo de
Natorre, pazo de
Construción situada en Santo Eusebio da Peroxa (Coles). Consta de dúas plantas en forma de U, cun patio inscrito e cunha solaina descuberta na parte sur. Ten un portal con escudo e unha cheminea con pináculos, gárgolas e outro escudo de armas dos Feijoo. O conxunto complétase cunha capela.