naturalización

naturalización

(< naturalizar)

  1. s f

    Acción e efecto de naturalizar ou naturalizarse.

  2. [DER]
    1. s f

      Modalidade de adquisición de nacionalidade, posterior ao nacemento, que se produce mediante unha declaración de vontade do adquirinte e unha autorización da autoridade estatal, outorgada de forma discrecional ou suxeita a determinadas regras. O dereito civil español establece dous tipos de naturalización: por carta de naturalización e por residencia. O tempo de residencia esixido é de dez anos continuados, reducidos a dous para os súbditos dos países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Portugal, Guinea Ecuatorial e os de orixe sefardí, e a un ano para os nacidos en territorio español, os de pai ou nai orixinariamente españois,  os casados con español ou española e os que non exercitasen a facultade de opción para a adquisición da nacionalidade. Hai que seguir un expediente no rexistro civil e unha vez outorgada a naturalización, ten que seguir inscrita no rexistro.

      Sinónimos: nacionalización.
    2. carta de naturalización

      Carta de concesión a un súbdito estranxeiro da nacionalidade do país que a outorga. Normalmente outórgaa o xefe do estado, dunha maneira discrecional, mediante Real Decreto e en atención a circunstancias excepcionais.

  3. s f [ECOL]

    Adaptación dunha especie vexetal ou animal a unha rexión e a unhas características que non lle son propias.

Palabras veciñas

naturalidade | naturalismo | naturalista | naturalización | naturalizado -da | naturalizar | natureza