naucórido -da

naucórido -da

(< lat científico Naucoris,xénero de insectos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos naucóridos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos naucóridos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos cosmopolitas, da orde dos heterópteros, que inclúe especies acuáticas de corpo oval de 8 a 16 mm. As patas anteriores están adaptadas á natación. Habitan en augas estancadas con vexetación.

Palabras veciñas

naturismo | naturista | Nau | naucórido -da | Naucratis | Naudin, Bernard | Naudin, Charles Victor