naufraxio
naufraxio
(
-
s
m
-
Acción e efecto de naufragar.
-
[DER/MAR]
Afundimento dunha embarcación, xeralmente pola aparición dunha ou máis vías de auga que non puideron ser reparadas. Desde o punto de vista do dereito marítimo, nestes accidentes as autoridades de mariña deben instruír sumario dentro do territorio da súa xurisdición, e se o naufraxio se produciu en augas estranxeiras, ha de ser iniciado polo cónsul correspondente. O comandante ten que manterse no barco ata perder as esperanzas de salvación e debe salvar todos os libros e a documentación.
Sinónimos: afondamento, afundimento.
-
-
s
m
Perda ou fracaso moi grandes.
Ex: O seu matrimonio foi un naufraxio.