nausée, La
nausée, La
Nome científico:
[A náusea]
[LIT]
Novela escrita por Jean-Paul Sartre en 1938, en que desenvolve unha dura crítica ao pasado e á tradición, insistindo na idea de que hai que vivir o presente, que é o único real. Formalmente, o autor escolleu o estilo do diario para tratar en bloques temáticos, con asuntos como a fición, a experiencia, a sociedade ou o humanismo, temas todos recorrentes no pensamento existencialista. O seu protagonista, Antoine Roquetin, representa a imaxe do home perdido na existencia, vagabundo nun universo triste, derrotado pola dúbida e consciente do absurdo que significa vivir nun presente carente de sentido.