Navas de Tolosa, Batalla de Las
Navas de Tolosa, Batalla de Las
Acción bélica que tivo lugar o 16 de xullo de 1212 no altiplano de Las Navas de Tolosa (La Carolina, Jaén). Os contendentes foron, dunha banda, o exército do califa almohade Mu ḥ ammad al-Nā ṣ ir, que foi derrotado, e doutra, unha coalición formada polos reis peninsulares Afonso VIII de Castela, Pedro I de Aragón e Sancho VII de Navarra. Os cristiáns saíron o 12 de xuño de Toledo en dirección ao porto de Muradal, na cima de Sierra Morena, e chegaron ao altiplano de Las Navas, onde obtiveron a vitoria. No ataque os casteláns ocuparon o centro, os navarros a á dereita e os cataláns e aragoneses a esquerda. Unha semana despois da batalla, os tropas de Pedro I apoderáronse tamén de Úbeda, o que lles deu un gran prestixio.