naveta

naveta

(< nave)

  1. s f [RELIX]

    aso en forma de nao onde se garda o incenso nas cerimonias do culto.

  2. s f [PREHIST]

    Monumento característico da prehistoria de Mallorca e de Menorca. Construído con grandes bloques de pedra, coa técnica chamada ciclópea ou megalítica, ten case sempre carácter monumental e é, xunto co talaiot, a construción típica da civilización indíxena balear, especialmente a de Menorca, onde se atopou a naveta das Tudons de Ciutadella e as dúas de Rafalrubí de Alaior. Ata hai pouco considerábanselle unha finalidade funeraria, e semella que así foi durante o primeiro milenio a C, pero as escavacións recentes demostran que orixinariamente, durante o segundo milenio, houbo navetas con función de habitación.

  3. s f

    Caixón dun moble ou escritorio.

    Sinónimos: gabeta.