nectarínido -da

nectarínido -da

(< lat científico Nectarinia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos nectarínidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos nectarínidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves, da orde dos paseriformes, de pequenas dimensións , que presenta a lingua protáctil, de punta bífida e pegañenta, sen filamentos, cos bordos dos terzos basais en forma de dobre tubo, 10 rémixes primarios e os tarsos delgados e curtos. Aliméntanse de néctar e de pequenos insectos, e comprende catro xéneros, Arachnothera, Cinnyris, Chalcomitra e Nectarinia, que habitan nas selvas tropicais e subtropicais de Asia, África e Australia.

Palabras veciñas

nectáreo -a | nectarífero -ra | nectarina | nectarínido -da | nectario | nectarívoro -ra | nectarostexio