Neftis

Neftis
[MIT]

Deusa exipcia, adorada especialmente en Dióspolis Parva. Segundo unha das versións da lenda osiríaca, era irmá de Isis e de Osiris e muller e irmá de Seth. Sempre se opuxo ao seu esposo nas loitas contra Osiris. A súa imaxe representábase como unha muller con cornos que rodean o disco solar e tamén como unha muller coroada polos dous xeroglifos do seu nome (Nbt e Hwt, é dicir, ‘Señora do Castelo’).

Palabras veciñas

nefrótomo | nefroxénico -ca | Neftalí | Neftis | negábel | negable | negación