neguentropía

neguentropía

(< neg-, apócope de negativa+ entropía)

s f [FÍS]

Concepto introducido por L. Brillouin, que ten un significado inverso do da entropía: se esta mide o grao de desorde dun sistema, a neguentropía mide o grao de orde dun sistema. Canto máis grande é a información que se posúe sobre o estado dun sistema, máis grande é a neguentropía. OBS: Tamén se denomina entropía negativa.

Palabras veciñas

Negueb | Negueira | Negueira de Muñiz | neguentropía | negus | Nehalennia | Nehemías