Nemalion
Nemalion
[PROTISTA]
Xénero de algas mariñas, da orde das nemalionais, formadas por cordóns cilíndricos, elásticos e xelatinosos, de cor parda vermella. Fíxanse ao substrato por medio dun disco basal provisto de varios eixes. En Galicia atópase a especie N. helminthoides.