neno -na
(
-
Termo da xerga dos cesteiros que corresponde á voz ‘non’.
-
s
-
Persoa que se atopa na nenez. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amor de neno, auga nun cesto. Quen con nenos se deita, cagado (luxado) amañece (se ergue, se levanta). Quen con nenos se deita, pola mañá apesta. Ao neno e á muller dille só o que che conviñer. A muller e o neno só calan o que non souberon. Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar. O que o neno oíu na casa, vaino dicir ao curral. Os nenos e os tolos din as verdades”.
Ex: Os nenos da clase do meu irmán non estudan nada.
-
Fillo de pouca idade.
Ex: O segundo neno nacerá o vindeiro abril.
-
-
s
Rapaz novo.
Ex: O novo profesor de ximnasia é un neno.
-
s
Persoa que ten pouca experiencia.
Ex: Aínda é un neno para manexar a máquina nova.
-
neno da teta
Neno pequeno, aínda lactante.
-
neno do berce
Neno que acaba de nacer.
Frases feitas
-
Ser (coma) un neno. Presentar unha persoa adulta unha conduta e un comportamento inmaduro, irreflexivo e inxenuo. Ex: Tes que madurar, que xa non es un neno para andar con eses mecos.
Refráns
- Mandar rapaces á vendima é cousa perdida.
- Neno dun ano saca o leite do calcaño.
- Neno dun ano, vara de pano.
- O bacoriño e o meniño, onde llé dan o bocadiño.
- O labor dos rapaces é pouco mais quen o perde é un louco/tolo.
- O neno e o peixe na auga crecen.
- O neno quere ser lavado e andar limpo.
- Os rapaces non son homes.
- Os rapaces son os mellores homes.