neodadaísmo

neodadaísmo

(< neo- + dadaísmo)

s m [ARTE]

Movemento iniciado en EE UU en 1955 por artistas que participaban da actitude fronte á arte de M. Duchamp. Baseáronse no illamento do obxecto fóra do seu contexto habitual, e con R. Rauschenberg e J. Johns, incorporaron, mediante a colaxe fotográfica, elementos da realidade como o fixeran K. Schwitters e Hausmann. OBS: Tamén se denomina New Dada.