neogótico -ca

neogótico -ca

(< neo- + gótico)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao neogótico.

  2. s m [ARTE]

    Movemento artístico de carácter romántico que comezou a mediados do s XVIII, case ao mesmo tempo ca o neoclasicismo. Inspirado no gótico, as falsas ruínas de Strawberry Hill (1750) e a abadía de Fonthill (1796), en Inglaterra, son algúns dos testemuños máis antigos. Impulsado pola literatura de Chateaubriand e de Víctor Hugo, tivo un gran predicamento a comezos do s XIX. Arquitectos como Pugin, Scott, Street, Abadie e sobre todo Viollet-le-Duc, déronlle forma teórica e práctica. Ademais da construción de novos edificios, entre os que sobresae o palacio episcopal de Astorga, de A. Gaudí, destaca a restauración de monumentos, entre eles a catedral de Barcelona.