neoloxismo

neoloxismo

(

s m [LING]

Unidade léxica ou significado que se incorpora a unha lingua   para designar un obxecto ou un concepto de nova creación. Os neoloxismos formais son os que se crean a través de procesos de prefixación (prerromano), sufixación (alfabetizar), composición (calcapapeis), abreviación (moto), acrónimos (módem) e siglas (RENFE) e préstamos doutras linguas (cámping). Os neoloxismos semánticos adaptan un significante vello, por metáfora ou outro procedemento, a un novo significado (rato: dispositivo informático). Para a formación de neoloxismos en vocabularios técnicos, recórrese a miúdo ao grego e ao latín, principalmente a creación de formas a partir da unión de dúas bases léxicas que pasan a funcionar como prefixos e sufixos na nova forma (neonato, filólogo).