neopitagorismo
neopitagorismo
(< neo- + pitagorismo)
s
m
[FILOS/RELIX]
Movemento filosófico-relixioso que floreceu en Alexandría e que se desenvolveu do s I a C ao s II. As súas caracerísticas son a crenza nunha relixión astral, na arte da adiviñación, na harmonía das esferas e na metempsicose. Canto á moral, establece unha separación estrita e antitética entre o Ben (Deus e alma) e o Mal (a materia e o corpo). Os seus principais representantes foron Apolonio de Tíana (s I) e o Pseudo-Hermes Trimexisto (s III). A súa influencia foi notable en Roma durante o s I a C a través das obras de Varrón e Nixidio Figulo.