Nereida
Nereida
[ASTRON]
Segundo satélite de Neptuno, descuberto por G. P. Kuiper o día 1 de maio de 1949. A excentricidade da órbita é de 0,749, o maior entre todas as dos satélites coñecidos. O período de revolución sideral é de 360,2 días, e o diámetro, duns 300 km. Trátase dun astro de magnitude 19.