Nerio

Nerio
[PUBLIC]

Revista publicada en Corcubión a partir do 1 de xullo de 1920. Cesou en setembro de 1921 (nº17). De periodicidade quincenal, subtitulouse “Revista quincenal independente. Órgano defensor de los intereses de la comarca” e, coa campaña en defensa do ferrocarril entre A Coruña, Carballo e Corcubión, “Órgano de defensa. Corcubión-Muros”. Dirixida por Segundo Rey Fernández, contou con correspondentes en toda a comarca, Arxentina e Cuba. Incluíu actualidade comarcal, agrícola, marítima, sociedade, traballos históricos e literatura.

Palabras veciñas

Nergal | Neri, Filippo | Nerio | Nerio | Nerio | nerios | nerítico -ca