nervadura

nervadura

(< nervio)

  1. s f [BOT]

    nervación.

  2. s f [CONSTR]

    Moldura saínte nas volutas oxivais ou nunha bóveda.

  3. s f [TECNOL]

    Reforzo, xeralmente en forma de cordón, que se coloca en certas pezas, especialmente de fundición, para asegurar a transmisión das forzas ás outras pezas e evitar a deformación ou as fendeduras por efecto de forzas secundarias. As nervaduras aumentan a resistencia e a rixidez da peza sen incrementar moito a sección nin o peso.

  4. s f [ENTOM]

    Conxunto e disposición dos nervios das ás dos insectos. Non é invariable, presenta características particulares para cada familia ou grupo, e os seus detalles teñen un valor sistemático.