nervioso -sa
(< nervio)
-
adx
Relativo ou pertencente aos nervios.
-
adx
Que é abuntante en nervios, en tendóns.
-
adx
-
Que é facilmente excitable.
-
Que é incapaz de estar quieto e que non ten acougo.
-
-
adx
[PSIC]
Aplícase ao individuo que se caracteriza por presentar un temperamento inestable que se deixa levar facilmente polo entusiasmo e a fantasía. É un dos tipos caracterolóxicos de Heymans-Wiersma-Le Senne.
-
[ZOOL]
-
sistema nervioso autónomo/vexetativo
Sistema nervioso independente do central que comprende o sistema nervioso simpático e o parasimpático.
-
sistema nervioso
Sistema de integración entre os diversos órganos dun animal, de recepción de información e de adecuación ao medio. Nos animais diploblásticos as células nerviosas son estritamente sensoriais, e atópanse dispersas no seo da superficie externa do animal con función táctil ou de detección química ou ben forman órganos sensitivos rudimentais. Nos animais triploblásticos hai dous tipos de sistemas nerviosos: ganglionares e centrais. Na maioría dos invertebrados está presente un sistema ganglionar no que as células nerviosas (neuronas) se acumulan nunhas masas (ganglios) comunicadas entre elas mediante nervios formados polos axóns das neuronas. Os sistemas nerviosos centrais son propios dos vertebrados. Caracterízanse pola presenza duns órganos complexos denominados centros nerviosos, que se diferencian dos ganglios porque neles non están só os corpos das neuronas, senón tamén unha gran parte das fibras nerviosas e mesmo neuronas completas, coas súas expansións. Nestes centros prodúcense tamén unha gran cantidade de conexións interneuronais (sinapses), de xeito que os impulsos nerviosos poden dirixirse por vías diferentes a diversos órganos. Os nervios van parar a todos os puntos do corpo, e poden ser sensitivos, cando van dos receptores aos órganos; motores, cando van dos centros aos efectores; e mixtos, nos que hai fibras sensitivas e motoras. Coexistindo co sistema nervioso central, e dependendo del, encóntrase nos mamíferos un sistema nervioso ganglionar, simpático e parasimpático, que regula a coordinación visceral. No home unha estrutura ósea protexe o sistema nervioso central: a caixa craniana para o encéfalo e a columna vertebral para a medula.
-
sistema nervioso autónomo/vexetativo