nesosilicato
nesosilicato
(< neso- + silicato)
s
m
[MINERAL]
Cada un dos minerais do grupo dos silicatos caracterizados polo feito de ter unha estrutura en que os tetraedros de SiO4 se dispoñen individualmente e só están ligados entre eles por catións. Os nesosilicatos presentan un empaquetado denso que lles confire moita densidade e dureza.