Netta
Netta
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves acuáticas, da familia das anátidas, que teñen a cabeza rubia. O macho presenta unha crista curta e a femia ten as partes superiores pardas escuras e as partes inferiores claras. Teñen o peteiro vermello e unha banda ventral negra no macho e branca na femia. A especie N. rufina é común no S e L de España, pero non en Galicia.