Neuquén

Neuquén

Provincia do O de Arxentina, na fronteira con Chile, situada no macizo paleozoico da Patagonia (94.078 km2; 471.825 h [2001]). A súa capital é Neuquén. Os Andes bordéana polo O, e nela abundan lagos de orixe glacial. O clima é temperado frío e bastante seco. A economía baséase na gandaría da la, e os seus cultivos principais son de cereais e árbores froiteiras. Destaca a explotación forestal para a fabricación de celulosa.

Palabras veciñas

Neumark | Neumünster | Neuquén | Neuquén | neur(o)- | neura | neural