neurobioloxía
neurobioloxía
(< neuro- + bioloxía)
s
f
[BIOL]
Rama da neuroloxía que estuda a fisioloxía, a bioquímica, a endocrinoloxía e a farmacoloxía do sistema nervioso. Estuda como as substancias mediadoras, os estimuladores neuronais e os neurotransmisores están relacionados coas alteracións do sistema nervioso, o psiquismo e as ciencias do comportamento.