neurotransmisor

neurotransmisor

(

s m [FISIOL]

Axente químico que é producido polas células presinápticas, por efecto dunha excitación neuronal que atravesa a sinapse e estimula ou inhibe a célula postsináptica. Prodúcese dentro do corpo celular, almacénase en vesículas na rexión sináptica e transmite o impulso nervioso a través das sinapses. O seu estudo permitiu atopar moitos fármacos axeitados para o tratamento de trastornos psíquicos.

Palabras veciñas

neurotomía | neurótomo | neurotoxina | neurotransmisor | neurotropismo | neurótropo -pa | neurovexetativo -va