neutralismo

neutralismo

(< neutral)

  1. s m [POLÍT]

    Fórmula de dereito internacional segundo a que un país xustifica a súa exclusión dun conflito ou dunha tensión momentánea e regula as obrigacións consecuentes. Formulouse por primeira vez na Conferencia de Bandung (1955) e estruturouse na de Belgrado en 1961 polo Movemento de Países Non-aliñados. Algunhas nacións basearon a súa política nun neutralismo total, como é o caso de Suíza, e outras nun neutralismo parcial, que permite certas intervencións limitadas.

  2. s m

    Tendencia ou actitude de permanecer neutral.

Palabras veciñas

Neutra, Richard | neutral | neutralidade | neutralismo | neutralista | neutralizábel | neutralizable