neutrón
neutrón
(< neutro + -ón)
s
m
[FÍS]
Partícula fundamental, do grupo dos hadróns, de carga eléctrica nula, masa moi semellante á do protón, e spin 1/2 que foi descuberto por J. Chadwick en 1932. É un barión, en concreto, un nucleón e en estado libre experimenta desintegración e dá lugar a un protón, a un electrón e a un antineutrino. A súa masa en repouso é mn = 1,67495 x 10-27 kg. Os neutróns prodúcense mediante diversas reaccións nucleares, xeralmente pola desintegración ou fisión dun núcleo pesado. Segundo a súa enerxía E, fálase de neutróns rápidos (E < 0,1 MeV), neutróns intermedios (1 eV < E < 0,1 MeV), neutróns lentos (E < 1 eV), neutróns térmicos, ou neutróns fríos.