Neves, Nosa Señora das

Neves, Nosa Señora das

Pequeno santuario situado na Capela, no concello homónimo. Construída durante o s XIII en estilo románico, sufriu varias reformas no s XIX, especialmente na fachada. Presenta planta rectangular de nave única e cuberta a dúas augas, con ábsida e sancristía. Os muros son de cachotaría, reforzados con pezas de cantaría nas esquinas. Destaca a torre campanario anexada ao pórtico, de planta rectangular, aberta ao exterior por catro arcos de medio punto e cuberta cunha cúpula de media laranxa. O día 5 de agosto celébrase unha romaría arredor do santuario.