Niágara, cataratas do

Niágara, cataratas do

Salto producido polo río Niágara (56 km), na fronteira entre o estado de New York (EE UU) e a provincia de Ontario (Canadá), ao comunicárense as illas Erie e Ontario, de diferentes niveis. A canadense ten unha altura de 49 m e a estadounidense de 51 m. É un dos lugares máis turísticos de América do Norte. Dúas cidades á beira do río levan o nome de Niagara Falls, unha en Canadá (75.399 h [1991]) e a outra en EE UU (61.703 h [estim 1992]).

Palabras veciñas

niacina | niacinamida | niada | Niágara, cataratas do | niala | Niamey | Niarellos, lomba de