Nibelungenlied

Nibelungenlied
Nome científico: [O canto dos Nibelungos]
[LIT]

Epopea xermánica escrita entre 1190 e 1200 por un xograr anónimo que recolleu cantos anteriores de orixe pagá e da tradición oral. Estruturada en estrofas de catro versos que riman dous a dous, a obra está dividida en dúas partes: a morte de Sigfrido e a vinganza de Crimilda. O poema inicial, situado no s VII, narraba a matanza do pobo burgundio a mans dos hunos. Máis tarde engadíuselle a lenda de Sigfrido, vencedor dun dragón, posuídor dun tesouro e conquistador de Brunilde. Wagner baseouse neste canto para a súa tetraloxía Der Rings des Nibelungen.

Palabras veciñas

Niassa | Niassa | Nibeiro | Nibelungenlied | nibelungo -ga | Nibueiro | nicada