niceno -na

niceno -na

(< topónimo Nicea)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á antiga cidade de Nicea ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Nicea.

  3. símbolo niceno [RELIX]

    Declaración de fe proclamada polo Concilio I de Nicea que recoñecía a consubstancialidade entre o Pai e o Fillo e condenaba o arianismo.

  4. símbolo niceno constantinopolitano [RELIX]

    Declaración de fe divulgada a partir do Concilio de Calcedonia (451), máis extenso e máis difundido ca o de Nicea e a súa doutrina.