nicho

nicho

(< ital antigo nicchio)

  1. s m
    1. Concavidade que se realiza nun muro ou nun retablo para poñer unha estatua ou un floreiro.

    2. Concavidade que se fai nun muro ou nunha construción, especialmente para colocar un cadáver en posición horizontal.

  2. nicho ecolóxico [ECOL]

    Lugar que pode ser ocupado por individuos que pertencen a especies de esixencias alimentarias e abióticas semellantes na estrutura dunha biocenose. É un espazo de n dimensións en que pode vivir unha especie dentro dun ecosistema determinado.

Formas incorrectas

hornacina