Nicol, prisma de
Nicol, prisma de
[FÍS]
Sistema óptico que consiste nun romboedro de espato de Islandia tallado en dúas partes, segundo a diagonal menor, que son enganchadas novamente con bálsamo de Canadá. Un raio de luz natural que incide sobre o prisma, paralelamente á aresta máis longa, é dividido en dous raios polo fenómeno da birrefrinxencia: o raio ordinario e o raio extraordinario. Polarízanse os dous en direccións perpendiculares, o raio ordinario é desviado por reflexión total e o extraordinario xusto polas costas do romboedro. Utilízanse como produtores (polarizador) e como detectores (analizador) de luz polarizada e teñen sido substituídos por láminas dicroicas (polaroide). OBS: Tamén se denomina nicol.